Xove organiza as Xornadas para a igualdade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Dec 2019

O Concello de Xove organiza as Xornadas para a igualdade, que darán comezo o 17 de decembro.

A primeira delas será Como lle falo diso?, na que aprendendo  a abordar a educación sexual das crianzas. Esta xornada dirixida a pais, nais e persoas interesadas, terá lugar o día 17 de decembro, de 18.30 a 20.30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga.

A seguinte xornada será o 7 de xaneiro baixo o título Lecer en igualdade, que estará dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. Será en horario de 17.00 a 20.00, na Sala de Formación e está impartida por Arabías S. Coop. Galega.

As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX teléfono 982 571 816. As prazas son limitadas.

 

0.19450402259827