Xove oferta diversos bonos de transportes universitario e outros carnés de bus para centros da Mariña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Polo que respecta ao bono bús universatario, desde o Concello de Xove lembran a toda a mocidade universitaria da municipalidade que a partir do mes de setembro de 2019 xa se poden solicitar na Oficina de Información Xuvenil os bonos de autobús para viaxar aos campus de Coruña, Santiago e Lugo.
DSC_0112
29 Aug 2019

Polo que respecta ao bono bús universatario, desde o Concello de Xove lembran a toda a mocidade universitaria da municipalidade que a partir do mes de setembro de 2019 xa se poden solicitar na Oficina de Información Xuvenil os bonos de autobús para viaxar aos campus de Coruña, Santiago e Lugo. O concello financiará o 50% de cada bono. Para outros transportes, hai que consultar información na Oficina de Información Xuvenil, Omix.

No tocante carné bus do Concello, para o transporte aos centros educativos de Viveiro, Burela e San Cibrao dos/as rapaces e rapazas empadroados/as no concello de Xove, que cursen ciclos formativos ou outros estudos que non se impartan no noso municipal, poden solicitarse bonos no centro xuvenil. Os bonos comezan a funcionar en novembro para os maiores de 18 anos e pódense pedir ata comezo de curso no Centro Xuvenil (Omix).

BECAS. Aqueles xóvenes que vaian cursar estudos de Formación Profesional, Bacherelato, grado ou mestrado no curso 2019-2020 poden informarse na Omix para ver se cumpren os requisitos das Becas do Ministerio de Educación, e en Servizos Sociais para solicitar as do Concello de Xove, na web http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/estudiantes/becas-ayudas-premios/para estudiar.html


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13747000694275