Xove nova parada do Correlingua con Paco Nogueiras

TerraChaXa | AMariñaXa
Paco Nogueiras será quen guíe a festa do Correlingua en Xove, na edición que celebra os vinte anos de existencia desta celebración.
116362315_568586203820829_5332106074144691545_o
19 Nov 2020

Paco Nogueiras será quen guíe a festa do Correlingua en Xove, na edición que celebra os vinte anos de existencia desta celebración da lingua cos centros de ensino galego. A partir das 13:00h de mañá, venres 20 de novembro, o alumnado do Caselles Rollán máis todo o que se sume mediante a transmisión da actividade a través de You Tube, poderán sumarse a unha festa que ten como protagonista a lingua.

As actividades desta vixésimo edición do Correlingua foron adiadas na pasada primavera por causa da pandemia e recuperadas para celebrar no mes de novembro orientadas as transmisións en redes e realizadas en espazos seguros e con todas as medidas de prevencións esixidas, incluíndo as limitacións de alumnado nos recitais.

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, trátase dunha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que nestes 20 anos de traxectoria acumulou diferentes recoñecementos, entre os que destaca o Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña, polo seu «destacado compromiso coa lingua, capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e por manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades». Colaboran na organización desta edición, entre outras, a Deputación de Pontevedra.

Cada ano son máis de 20.000 nenos e nenas, mozas e mozos, os que participan nas actividades desenvolvidas arredor da celebración do Correlingua e mesmo hai casos de persoas que tendo participado nun Correlingua como alumnos xa tiveron a oportunidade participar como Mestres. Neste sentido, hai quen considera que o mesmo que no seu día houbo unha xeración Xabarín, agora podemos falar xa dunha Xeración Correlingua.

Máis info:  https://correlingua.gal/novidades/


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17535400390625