Xove mantén aberta ata o 30 de decembro a campaña municipal de solicitude de árbores e plantas

AMariñaXa
O Concello impulsa un ano máis esta iniciativa para promover a repoboación con especies autóctonas e mellorar xardíns e espazos privados
arbore-froiteira-maza
20 Dec 2025

O Concello de Xove lembra á veciñanza que continúa aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras, especies autóctonas, árbores ornamentais e plantas de xardín, unha campaña que permanecerá activa ata o vindeiro 30 de decembro. A iniciativa, xa consolidada no calendario municipal, volve poñerse en marcha co obxectivo de favorecer a plantación de especies forestais e vexetación propia da contorna.

Desde o Departamento de Agricultura explican que esta acción busca, por unha banda, impulsar a repoboación con especies autóctonas e, pola outra, contribuír ao coidado e mellora estética de xardíns e parcelas privadas do municipio. Trátase dunha medida que combina criterios ambientais e de ordenación paisaxística, apostando por unha vexetación máis adaptada ao territorio.

Ademais, o Concello de Xove pretende facilitar o acceso da poboación ás plantas máis demandadas, ofrecéndoas a prezos competitivos. Deste xeito, evítanse desprazamentos innecesarios a viveiros doutros puntos da comarca e gáñase en comodidade á hora de adquirir as especies, ao tempo que se fomenta unha maior participación da veciñanza nesta campaña anual.

reparto-arbores-froiteiras-xove
⚙ Configurar cookies
0.076884984970093