Xove invita a participar dunha festa acuática na praia de Portocelo este domingo
Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos. Na praia de Portocelo, este domingo 4 de agosto, a partir das 16:00 horas, vai ter lugar unha festa acuática na propia praia con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas.
Vai haber xogos de todo tipo e moi variados: inchables, kayaks, etc., cada un dos cales estará controlado por un monitor que se vai preocupar do control de acceso a cada xogo e da seguridade do mesmo.
Trátase dunha actividade totalmente gratuita, organizada e patrocinada polo Concello de Xove, aberta tanto a persoas (nenos/as e rapaces/as) de Xove como visitantes e turistas. Non hai limitación; a participación é totalmente libre e gratuita. Só hai que ir á praia e participar nos xogos.
Os domingos á remollo son unha novidade do programa deste ano, e tal como se recolle no título, desenvolvéronse os domingos do mes de xullo na Praia de Lago, polas tarde. A inscrición e participación foi totalmente libre e gratuita, realizándose na mesma praia, e contou con actividade de kayaks, pádel surf, big sup, etc.
As actividades acuáticas desenvolvéronse na Piscina Municipal de Xove o pasado 16 de xullo, abertas a tódalas idades, co único requisito de saber nadar. As organizaron dende o Club Natación Xove e houbo numerosos particpantes.
Dentro do apartado 'Móvete no Verán', figura o Kangoo Jumps. Esta actividade comezou o pasado 5 de xullo e vai ter continuidade ata o vindeiro 16 de agosto e está impartida por Lorena, de Sala 5, ademais conta con 20 inscritos.
Por último temos fútbol sala 3x3, actividade incluída dentro do programa Ocio Deportivo e desenvolvida na Pista Multideportiva do Parque e no Pavillón Municipal de Xove, que contou xa con 38 inscritos.
Para máis información convén chamar ao Concello ou á concelleira de Xuventude, Cristina Iglesias, no teléfono 699328227.