Xove abre as inscricións para a escola de maiores e outras actividades que comezan en outono

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 sep 2019

A escola de maiores de Xove para maiores de 60 comeza de novo este outuno polo que convén matricularse neste mes de setembro. dade. O prazo previsto de inscrición vai do 16 ao 27 de setembro e pode formalizarse na oficina da Educadora Familiar (Angélica).

Outra das actividades ás que o Concello de Xove anima a apuntarse son as relacionadas co voluntariado. Para selo, só hai que anotarse no listado para participar no Programa de Voluntariado Xuvenil 2020. Hai que ter 16 anos cumpridos, ganas de traballar e pasalo ben

En resumo, as actividades de Xove para este ano en outono e en inverno pasan pola Escola de Maiores, a informática e os obradoiros de longa duración e o Xove Ponte en Forma. Para todos eles pódese pedir información na oficina municipal de información xuvenil u Omix no teléfono 982571816 e no mail oix@xove.es, así como na web www.xove.es.

Ademais do Xove Ponte en Forma, hai ioga, manualidades, bolillos e bordado, ademais de actividades deportivas para adultos, como a ximnasia de mantemento, que comeza o 2 de outubro para impartirse dous días á semana, aínda por determinar.

O luns, mércores e venres, haberá aeróbic e fitness, que comezarán o 2 de outubro. Os luns e mércores, de 10:30 a 11:30 horas para maiores de 12 anos. O prazo de preinscrición e reserva no grupo do curso anterior fixarase do 3 ao 16 de setembro e o prazo para novos inscritos será do 17 ao 27 do mesmo mes. 

O pilates comezará o 2 de outubro e impartirse os martes e xoves de 10:30 a 11:30 horas. O pilates para maiores de 50, comeza un día antes, o 1 de outubro, e vaise desenvolver martes e xoves, de 11:30 a 12:30 horas. Hai que inscribirse no centro xuvenil u Omix e para iso se necesita unha fotocopia do DNI, no caso de que estivera inscrito numerosas veces antes e fotocopia de conta ou certificación bancaria, así como a fotocopia do certificado de minusvalía e o carné Xove. O prazo de inscrición é do 3 ao 27 de setembro.

En xeral, os prezos para tódalas actividades, poden consultarse na Omix.

 

0.16861295700073