Xove incrementa o imposto de bens e inmobles

AMariñaXa
O grupo socialista de Xove votou en contra por entender que non están os tempos para subir impostos, e en concreto isto que afecta directamente a Alcoa
Concello-de-Xove-edificio-casa-consistorial
17 Out 2024

No último pleno ordinario celebrado, o Concello de Xove aprobou o incremento do imposto de bens e inmobles (IBI) a proposta do PP e que supón un incremento considerable a todos aqueles propietarios que o valor catastral supere o 350.000 euros. Isto afecta en exclusiva a Alcoa con un incremento que ronda os 200.000 euros anual, xa que o coeficiente a aplicar pasa do 0,6 % actual o 1,16 % aplicable os bens inmobles de natureza urbana e uso industrial. E tamén se aproba un índice de 1,3 % para bens inmobles características especiais.

A proposta saíu adiante cos votos a favor do PP e BNG de Xove e o voto en contra da concelleira socialista Rogelia Mariña. O grupo socialista de Xove votou en contra por entender que non están os tempos para subir impostos, e en concreto isto que afecta directamente a Alcoa, "que todos sabemos que esta nun momento difícil indicando que ten perdidas, e estase discutindo si retoma a produción ou se vende e incluso coa posibilidade de pechar". Non entenden esta decisión do Goberno Local, "que parece que non lle chegan os cartos, sendo a súa política de estes últimos 16 anos practicamente e de nulas inversións apesare de ter unhs ingresos moi superiores os del calquera concello destas características".

Ademais, destacan que a mensaxe que se transmite a posibles empresas que poidan estar estudando instalarse en Xove é "totalmente negativa, polo que a sensación é que no goberno de Xove "todo son improvisacións, xa que cada dous meses hai que aprobar expedientes de crédito para imprevistos con cargo o remanente que en dous anos baixou de 19 millóns de euros a 13 millóns". Rogelia Mariña destacou tamén no pleno o impacto negativo que esta decisión pode ter no futuro de Alcoa, e no futuro da implantación de novas empresas en Xove. Tamén preguntaron pola proxecto das melloras da calidade da auga que din que está en proceso segundo o rexedor.

"Interesámonos por ese anuncio da mellora do Portiño de Moras e vai para longo, ao mesmo tempo que propuxemos retomar un vello proxecto dunha vía de acceso a este porto dende o polígono industrial de Camba pasando por Xove e cun enlace a vía rápida, algo que parece non interesarlle a este Goberno local". Lembran tamén que os camións que veñen a Insua Mar fan "miragres para acceder cas pontes de carro do século pasado sobre a vía de Feve, así pouco ou nada pode avanzar Xove". Tamén preguntaron sobre a mellora e ampliación do Polígono Industrial de Camba, que se está redactando.

0.19084000587463