Xove inaugura o parque de ocio e infantil cunha competición da Copa Galicia de Pumptrack

As obras do parque de ocio e infantil de Xove, que conta, entre outros espazos, con dúas pistas de Pumptrack (unha delas de iniciación), están chegando ao seu remate. A inauguración será o día 9 de xuño cunha competición de Copa Galicia de Pumptrack, que se desenvolverá dende primeira hora da mañá ata ben entrada a tarde.