Xove impulsa un servizo de conciliación familiar en Semana Santa

O Concello de Xove pon en marcha o programa "Xove Concilia Semana Santa", un servizo de conciliación familiar destinado a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa para as familias durante as vacacións escolares, facilitando a súa organización laboral e persoal.
O servizo estará dispoñible os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:45 a 14:15 horas. As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición ata o 31 de marzo a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) ou mediante a Sede Electrónica do Concello de Xove.
Esta iniciativa está promovida pola Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.