Xove impulsa axudas para o baleirado de fosas sépticas en zonas sen saneamento

O Concello de Xove vén de habilitar unha liña de axudas destinada ao baleirado de fosas sépticas e outros sistemas individuais de depuración de augas residuais para o exercicio 2025.
Estas subvencións están dirixidas a persoas propietarias de inmobles de uso residencial situados dentro do termo municipal de Xove en áreas que non dispoñen de rede de saneamento municipal. Para optar ás axudas, as vivendas deberán contar cun sistema propio de xestión de augas residuais, como fosas sépticas, en zonas sen acceso á rede de sumidoiros pública.
As bases que regulan estas subvencións foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 8 de marzo e poden consultarse tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Xove.