Xove felicita Xacio Baño polo seu premio Mestre Mateo
O cineasta xovense Xacio Baño vén de gañar o premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe con Augas abisais, proxecto que contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.
Dende o Concello enviaron unha felicitación a Xacio Baño e a todo o equipo de "por este magnífico galardón, e tamén por levar con tanto orgullo, polo mundo adiante, o nome do noso Concello".
"A curtametraxe Augas Abisais é unha peza cun potencial percorrido internacional polos festivais de cinema de máis prestixio do mundo, co valor que iso supón en termos de comunicación. O impacto en redes sociais e prensa xerado pola participación da peza no circuíto de festivais de proxección nacional e internacional, implica o retorno en termos de visibilidade, prestixio e valor cultural seguro. É polo tanto, unha oportunidade de proxección da imaxe de Xove a nivel nacional e internacional", explica a alcalde.
A peza Augas Abisais fala da memoria colectiva familiar, e pescuda en lembranzas e relatos transmitidos de xeración en xeración por veciños de Xove. "Recata un patrimonio inmaterial que, levado ao cinema, permanecerá vivo para sempre", conclúe.