Xove fai públicos os gañadores do concurso de caretas
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do Ceip Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios que consistían en material escolar.
Xa que a Biblioteca Pública Municipal de Xove volve a estar aberta, a organización aproveitou este feito para expor os traballos premiados nun panel da Biblioteca, co fin de que poidan ser vistos e admirados polo público en xeral.
Os premiados nesta edición 2021 na categoría Preescolar foron Adrián Rego García, Alicia Blanco Valenzuela e Jesús López Franco.
Na categoría 1º e 2º de Primaria o gañador foi David Burgos Peloche seguido de Lía Casabella Gacio e Felipe Basanta Domínguez. No seguinto grupo os premios repartíronse entre Óscar Bértolo Casabella, Oliva Rega Quelle e Álvaro García Casabella.
No último grupo de primaria venceron Uxía Gradaille Durán, Berta Barro Álvarez e Carla Casabella Puñal. Finalmente, na categoría 1º a 4º de ESO, o gañador foi Miguel Fra Baltar, seguido de Carla Mariño Otero e Alicia Fernández Vicente.