Xove entregou as árbores froiteiras e plantas ornamentais aos veciños

AMariñaXa
Xove entregou as árbores froiteiras, árbores e plantas ornamentais aos veciños
xove entrega arbores froiteiras 2022
9 Feb 2022

O Concello de Xove fixo entrega das árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais da Campaña 2021-2022 a todas as persoas que as solicitaron nos meses de novembro e decembro pasados.

Xove, como Concello con moita superficie a solo forestal, ten unha afectación maior que outros  Concellos e, por este motivo, amparándonos na Lei 7/2012 de Montes e a Lei 3/2007de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia para que o risco no caso de lumes sexa mínimo e se atopen máis protexidas as vivendas e os núcleos rurais, moitas parcelas se ven afectadas. Deste xeito damos a oportunidade a todo propietario que teña que cortar poida solicitar árbores autóctonas para repoboar de xeito ecónomico e cercano.

A importancia de plantar árbores autóctonas ven dada porque unha vez retiradas as especies prohibidas nesas faixas de protección, que deberán estar limpas, acónsellase repoboar estas especies (castiñeiros, carballos do país, cerdeiras, nogueiras…) de xeito que se diversifica o habitat, se beneficia a fauna e se xenera estabilidade ao ecosistema.

0.18915104866028