Xove, en alerta pola gripe aviaria tras a proposta de Agricultura

AMariñaXa
O Ministerio propón incluír o municipio como zona de risco alto
galina-mos-libertade-campo-comendo
10 Mar 2025

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación propuxo a inclusión de Xove como zona de risco alto pola gripe aviaria, dentro da modificación da orde de medidas de protección fronte a esta enfermidade. A proposta, sometida a participación pública, tamén afecta aos concellos de Ordes, Cerceda e Tordoia.

Esta decisión baséase na necesidade de reforzar a vixilancia e prevención en áreas con presenza de aves silvestres que poden actuar como transmisoras do virus. En caso de confirmarse a modificación, en Xove e nos demais municipios afectados aplicaranse restricións específicas para reducir o risco de propagación, que poderían afectar tanto á cría de aves como ao seu transporte.

As autoridades sanitarias insisten na importancia de manter os protocolos de bioseguridade para evitar posibles brotes e minimizar o impacto sobre o sector avícola. A medida forma parte da estratexia estatal para controlar a enfermidade e protexer a sanidade animal en todo o territorio.

⚙ Configurar cookies
0.19106483459473