Xove é fiel ao actual rexedor Demetrio Salgueiro

AMariñaXa
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, presentou a candidatura coa que aspira a revalidar a Alcaldía do Concello de Xove
Xove Demetrio salgueiro 2023
29 Maio 2023

A veciñanza volveu confiar no PP de Salgueiro que conseguiu sete edís, fronte aos tres do BNG. Aparece na corporación municipal o PSOE.

Este municipio da Mariña é un dos máis deseados para todos os partidos pois conta cunha importante fonte de ingresos, Alcoa. Así, tralas eleccións seguirá sendo un feudo popular gracias ao apoio da veciñanza a Demetrio Salgueiro, actual rexedor.

A participación neste concello foi moi similar á dos comicios anteriores e na que a veciñanza de Xove practicamente votou o mesmo. Os populares conseguiron 1.226 votos, fronte aos 650 do BNG e os 227 do PSOE. Estes datos en edís defínense en 7 para o PP, os memos que en 2019; 3 para o BNG, que baixa 1; e aparece no panoráma político o PSOE con 1 edil.

Salgueiro di que nestes catros anos conseguiu levar a cabo case todo o seu programa electoral excepto a creación do porto deportivo de Morás, que está en tramitación, e a ampliación do polígono industrial de Camba, os cales espera rematar nesta nova lexislatura.

Tamén quixo dar as grazas “a tódolos veciños e veciñas que nos deron o seu apoio para seguir gobernando catro anos máis. Traballaremos sen descanso para non defraudarvos e acadar o mellor para Xove”.

O actual rexedor é licenciado en Económicas e exercera coma axente de emprego e desenvolvemento local no veciño concello de Burela en torno a 1988 ademais de traballar como axente de seguros. Gañara xa por maioría absoluta en 2007 co PP e ampliou a vantaxe nas eleccións seguintes.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • José Demetrio Salgueiro Rapa PP
  • Mª Dolores Meitín Guerreiro PP
  • Cristina Iglesias Guerreiro PP
  • Cecilia Duarte Fernández PP
  • Rubén Sánchez Villarquide PP
  • Mª Tamara Soto López PP
  • Manuel Ángel Meitín Rouco PP
  • Pilar Vázquez Sánchez BNG
  • Miguel X. García Rodríguez BNG
  • Xosé Manuel López Hermida BNG
  • Rogelia Mariña Pernas PSOE

Os nacionalistas estarán na oposición, vixiando o traballo do Goberno, e para iso puxeron ao fronte a unha nova cara, a de Pilar Vázquez. É administrativa e veciña da parroquia de Portocelo, é tamén vice-responsable comarcal do BNG na Mariña e activa na asamblea local dende hai varios anos. “Somos unha oposición seria para un concello popular”.

Por outra banda, súmase o PSOE con Rogelia Mariña Pernas que se presentou a estas eleccións “con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza. Vivo na Rigueira dende fai 41 anos. Polo tanto, coñezo ben as necesidades do meu concello”.

candidatura PP Xove 2023
xove 2023
0.19608211517334