Xove convoca un concurso de fotografía para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convoca un concurso de fotografía para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, baixo o lema, Cal é o teu espazo natural preferido de Xove?
O obxetivo do concurso e potenciar o coñecemento do medio natural do Concello buscando a imaxe preferida de cada participante do espazo natural como pode ser praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,… Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural.
Haberá tres categorías, infantil, ata 12 anos; xuvenil de 13 a 17 anos ambos inclusive; e adulto, a partir de 18 anos. A mellor fotografía de cada categoría levará un trofeo e todos os participantes levarán un obsequio institucional.
Os premios daranse a coñecer o 16 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es.
O prazo de recepción dos traballos comeza o venres 13 de malo e remata o luns 6 de xuño e o venres 10 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de Facebook do Concello de Xove, onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o 14 de xuño.
Cada participante poderá presentar tan só unha fotografía e a organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.
Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a medio.ambiente@xove.es e no correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía participante, haberá que incluir tamén nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor, descrición ou título da fotografía, número de teléfono de contacto.