Xove convoca dous concursos para apoiar o uso do galego e estimular a creatividade entre a cativada
A Concellería de Cultura do Concello de Xove convoca dous concursos, un literario e outro de Artes Plásticas, destinados a rapazas e rapaces do municipio, desde 4º de Infantil ata 4º da ESO. Coa proposta pretenden apoiar o uso, a lectura e a expresión en lingua galega e estimular a creatividade.
Os traballos deberán presentarse xunto á folla de inscrición na Biblioteca Municipal antes do 10 de maio. O fallo do xurado darase a coñecer oportunamente para que as persoas premiadas por cada categoría poidan acudir á entrega dos premios, os cales consistirán en Diplomas Acreditativos e Lotes de Material Escolar.
Poderá participar no concurso calquera rapaz en idade escolar e empadroado no concello. As bases e á Ficha de inscrición poden consultarse na web do Concello de Xove: www.xove.es