Xove comezar a entrega de máscaras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove vai comezar a entrega de máscaras aos seus veciños coas cales mellorar a súa seguridade e prevenir o contaxio  do coronavirus.
15 Abr 2020
O Concello de Xove vai comezar a entrega de máscaras aos seus veciños coas cales mellorar a súa seguridade e prevenir o contaxio  do coronavirus. O reparto de vaise facer dende o propio Concello, podendo recollerse nas oficinas xerais, diariamente en horario de 10.00 a 13.30 horas. Estas máscaras están sendo elaboradas por persoas voluntarias de todo o Concello e actualmente xa temos un bo stock delas; as mesmas serán repartidas ata agotar existencias e, segundo se vaian recibindo,  seguiranse repartindo.
REPARTO A DOMICILIO

Co fin de asegurar a continuidade e adherencia aos tratamentos  e como medida excepcional ante o estado de alarma, o Concello de Xove pon a disposición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou con movilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de medicamentos con receita médica, evitando así os desprazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas interesadas deberán chamar directamente ao Concello 982 59 20 01), e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.

Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na población de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.

Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.

Tamén puxeron en marcha o proxecto Coas nosas cores buscamos o teu sorriso para  animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos.

Polo tanto continuan animando a todos os nenos e rapaces a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,.... para poder chegar ao maior número de xente.

Teñen habilitado o seguinte correo electrónico sevicios.sociales@xove.es, así como o teléfono 982 592 001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademáis de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos veciños.

0.15300893783569