Xove colocará 1.500 trampas para velutinas

AMariñaXa
Xove instalará 1500 trampas para velutinas cubrindo toda a extensión do municipio en especial nas zonas limítrofes con outros concellos.
vespa velutina
5 Abr 2021

O Concello de Xove acometerá un proceso de trampeo da vespa velutina.

Nesta primavera de 2021 o Concello instalará máis de 1.500 trampas xeolocalizadas, cubrindo toda a extensión do municipio e potenciando as zonas onde mais niños se detectaron en 2020. O obxectivo é evitar a entrada desta especie dende os concellos limítrofes, razón pola que se reforzará esa zona.

A implicación dos apicultores locais e veciños do municipio é fundamental para proceder a esta acción.

A concelleira de Agricultura, Dolores Meitín, lembra que esta operación se realiza por segundo ano consecutivo a través da empresa Serpa, que consiste na colocación de trampas con líquido atraínte especial para a captura de raíñas tras o letargo invernal.

O ano pasado lograron reducir os niños nun 60%.

O TRAMPEO

Realizar unha trampa é algo rápido e sinxelo, cunha simple botella de auga ou refresco con dous buracos enfrontados rechea con zume de arandos e mesturado cun pouco de cervexa negra, pódese atrapar esa raíña de velutina que elixiu o xardín para pasar o inverno aletargada.

Outro labor non menos importante pero algo máis complexa é tentar localizar os niños primarios, no seu inicio teñen o tamaño dunha pelota de tenis, e as raíñas adoitan escoller zonas de abrigo, como poden ser aleros de casas ou tellados de alpendres e garaxes.

trampa velutina
0.1978771686554