Xove celebrará o Día Internacional da Muller con actividades durante o mes de marzo
O Concello de Xove celebrará o Día Internacional da Muller con actividades durante o mes de marzo. Así, o xoves 9 ás 12.30 horas haberá unha concentración na praza do Concello na que se fará a lectura do manifesto.
Ademais desta manifestación, o alumnado do IES Illa de Sarón farán unha solta de globos. Xa o domingo 12 ás 17.30 horas realizarase a tradicional chocolatada no salón de actos que será unha homenaxe as mulleres do Club de Bolos.
O martes 14 ás 10.30 horas haberá unha obra de teatro pola igualdade dirixida a nenos de 2 a 5 anos. Nesta ocasión representarase A Gran Pequena Inventora, e esta será no salón de actos.
Por último, o venres 24 ás 19.30 horas, haberá unha charla sobre saúde en feminino na que se falará sobre o solo pelviano. Estará impartido pola matrona María González Cociña.