Xove celebra o sábado 20 de maio a Festa da Flores, fillas de María

AMariñaXa
O concello de Xove celebra o vindeiro sábado 20 de maio a Festa da Flores, fillas de María, que dará comezo pola mañá cun mercado tradicional
festa das flores xove 2023
15 May 2023

O concello de Xove celebra o vindeiro sábado 20 de maio a Festa da Flores, fillas de María, que dará comezo xa pola mañá ás 10.00 horas cun mercado tradicional.

Máis tarde haberá pasacalles a cargo de AC Saiñas e a charanga NBA, así como unha demostración de oficios tradicionais. Xa ás 13.00 horas será a misa xunto coa ofrenda floral á virxe, e despois haberá unha sesión vermút co grupo Kalima 3.0.

Pola tarde, ás 17.00 horas, os pequenos poderán desfrutar de inchables, láser combat e unha actuación do mago Kiko Carrolo. Tamén haberá un obradoiro de cerámica de 17.00 a 18.30 horas e un concerto de percusión africana de Paz and Thorsten.

Xa pola noite Kalima 3.0 porá a nota musical xunto coa discoteca móbil Conxuro.

festa das flores xove 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.087841033935547