Xove celebra a romaría de San Antonio da Rigueira
O concello de Xove prepárase para a romaría de San Antonio da Rigueira, considerada Festa de Interese Turístico de Galicia. Tamén se pode facer con animais de compañía, xa que non haberá bombas. Este xoves haberá misas, misa solemne e procesión, sesión vermú con JB Son e xantar popular ás 15.00 horas.
Pola tarde, continúan a misa solemne e procesión e verbena con JB Son. O venres haberá sesión vermú co grupo Tania Veiras, que tamén amenizará a verbena con Zona Zero. A romaría está organizada pola Asociación de Festexos A Garaca, coa colaboración do Concello, dos comerciantes de Xove e dos veciños da Rigueira.
Como cada ano, os romeiros irán identificados cun carné de romaxe que poderán recoller no Concello antes da romaría, e irán selándoo nos puntos habilitados ata chegaren á igrexa. Nesta edición, como se agarda un gran número de romaxe, e moitas persoas con diversidade funcional, decidiuse dende o Concello de Xove co apoio da Comisión de Festas non se usarán bombas de palenque durante tódolos actos da romaría.