Xove aprobou as bolsas e axudas ao estudo
O pasado día 18 de decembro tivo lugar a Xunta de Goberno Local na que se aprobaban as bolsas e axudas ao estudio para o curso 2019/2020, concedidas e financiadas integramente polo Concello de Xove.
O número total de axudas concedidas é de 96, ascendendo o gasto total a 30.487,46 euros.
Como todos os anos, as bolsas se diferencian en varias modalidades, a modalidade de estudos universitarios, na que se concede un total de 15.713,39 euros, a modalidade de ciclos formativos que non existan na comarca, concedido un total de 1.311,14euros, a modalidade para alumnos/as con discapacidade, cuxa contía ascende a 6.000 euros, a modalidade para compra de material (infantil, primaria, eso, bach e ciclos), cun total de 6.462,93 euros, e as axudas concedidas para a modalidade de máster, que ascende a 1.000 euros.