Xove amosará este sábado un escaparate de vehículos clásicos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Xove acolle a III Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
69947855_2421125864797470_9040600575451856896_n
19 sep 2019

Xove acolle a III Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias. Vaise desenvolver nesta localidade este sábado, 21 de setembro, durante todo o día.

A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a comarca.

Para a realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar  aberta ata o mesmo día da concentración. As inscricións tanto de coches como de motos foron a moi bo ritmo.

O programa de actividades comeza de 9.00 a 11.00 horas, cando se van a recibir aos vehículos (coches e motos)  na Praza do Centro Cívico. Durante este período, todo o público asistente poderá admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios.

En torno as 11.15 horas, haberá unha proba de orientación para os inscritos na mesma; trátase dunha proba voluntaria onde os participantes, seguindo un rutómetro, e nun tempo determinado, deben realizar o percorrido previsto pola organización.

Sobre as 11.30 horas, tamén, realizarase un circuíto polo concello, duns 20 kilómetros con saída do Centro Cívico cara ao Portiño de Morás onde Lucía Meitín dará unha pequena charla sobre a antiga baleeira;  por parte da organización está previsto ofrecerlles un pequeño refrixerio na Área Recreativa da antiga baleeira. Continuarán cunha ruta panorámica por outras zonas do Concello, mostrándolles aos participantes as riquezas paisaxísticas de Xove, para, sobre as 15.00 horas, reunirse todos nun xantar no Restaurante Louzao de Area.

Pola mañá, no momento da inscrición, a organización vai repartir un test sobre o mundo do motor (motos e coches), onde os participantes terán que demostrar o seu coñecemento sobre o mundo do motor, tanto a nivel histórico como técnico. Os premios deste concurso-text, despois de ser comprobados, vanse entregar ao remate do xantar.

Unha vez rematado o xantar, a organización ten prevista a entrega de premios, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.

0.22522592544556