Xove acolleu a entrega de premios do Concurso literario de artes plásticas do día das Letras Galegas
O CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove acolleu a entrega de premios do Concurso literario de artes plásticas do día das Letras Galegas, dedicado a Luísa Villalta e que cada ano organiza a concellería de cultura do Concello de Xove.
Na entrega, participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Mª Dolores Meitín, que agradeceron a todas e a todos a sua participación e a colaboración dos centros educativos de Xove o CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón.
Tamén destacaron o difícil labor do xurado recoñecendo o seu traballo e felicitaron a todos os premiados.
Desta maneira, do Ceip Pedro Caselles Rollán foron foi premiado Xare González Celaya, de 4º Educación Infantil; María García Val, de 5º Educación Infantil e Carmela Míguez Varela, de 6º Educación Infantil de Artes Plásticas. En 1º Educación Primaria, foi premiada Valeria Vilasa Posada, no Concurso Literario; e Jimena Paleo Enríquez e Valeria Vilasa Posada, no de Artes Plásticas. En 2º Educación Primaria, foi premiada Alma Rodríguez Fra no concurso de Artes Plásticas; mentres que en 3º Educación Primaria houbo premios para Pablo Gracía Val, Jesús López Franco e Martina Mariño Ferrería no Concurso Literario; e para Martina Mariño Ferrería, Jesús López Franco, Pablo García Val e Leila Alcalde Fernández no de Artes Plásticas.
Xa en 4º Educación Primaria, foron premiadas Eva Cancela Trastoy e Alba Maseda Franco no Concurso Literario; e Alba Maseda Franco, Eva Cancela Trastoy e Emma Míguez Varela no de Artes Plásticas. Pola súa parte, en 6º Educación Primaria, acadaron os primeiros premios Andrés Alcalde Fernández e Paula Pérez Teijeira no Concurso Literario; mentres que Paula Pérez Teijeira, Óscar Bértolo Casabella e Álvaro García Casabella foron os gañadores do de Artes Plásticas.
Pola súa parte, no Ies Illa De Sarón, os premios foron para Marcos Mariño Ferrería, de 1º da ESO no Concurso Literario; e para Marcos Mariño Ferrería, no de Artes Plásticas. No caso de 3º da ESO, a premiada foi Carla Casabella Puñal, tanto no Concurso Literario como no de Artes Plásticas. Finalmente, en 4º da ESO, no Concurso Literario premiouse a Saliha El Omari, Iago Losada Fernández e a Daniel Luis Casabella Fernández; mentres que no de Artes Plásticas foron homenaxeados Saliha El Omari, Iago Rivas Balsa e Daniel Felipe Garnica Díaz.