Xove acollerá un obradoiro infantil centrado no xogo e a relaxación

AMariñaXa
Será este sábado na Casa do Director de Xove e haberá que anotarse previamente
obradoiro-infantil-abril-xove
9 Apr 2026

O municipio de Xove organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos, cunha proposta pensada para favorecer o benestar a través de actividades dinámicas e participativas.

A iniciativa desenvolverase na Casa do Director de Xove e basearase no xogo, o movemento e a respiración como ferramentas para que os participantes aprendan a relaxarse, mellorar a súa capacidade de concentración, conectar co propio corpo e expresar as súas emocións.
Trátase dunha actividade con prazas limitadas, polo que as persoas interesadas deberán contactar previamente no número de teléfono 691 235 185 para formalizar a inscrición.

O obradoiro preséntase como unha oportunidade para que os máis pequenos adquiran hábitos saudables nun entorno lúdico e adaptado á súa idade.

0.12851595878601