Xove acollerá un curso especializado en selección e cría de raíñas abelleiras

A Aula de Formación do Concello de Xove converterase en xuño nun espazo de aprendizaxe apícola grazas á celebración dun curso de selección e cría de raíñas, unha actividade formativa promovida pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e impartida por Casa do Mel.
O curso desenvolverase en seis sesións de catro horas os días 12, 14, 15, 23, 25 e 26 de xuño, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas. A iniciativa forma parte do programa de formación 2025 de AGACAL, orientado a mellorar a capacitación técnica das persoas que traballan no sector primario.
A formación abordará cuestións clave no manexo apícola como a selección de exemplares reprodutores, a cría controlada de raíñas e as prácticas de mellora xenética, aspectos fundamentais para asegurar a saúde e produtividade das colmeas.
As persoas interesadas deben realizar a súa preinscrición a través da plataforma FOAGRO da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscricion/publica/accionsFormativas, introducindo o código FC2025F127071. Para máis información tamén está dispoñible o número de contacto 661 003 616.
O curso conta co apoio da Consellería do Medio Rural, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), co obxectivo de impulsar unha apicultura sostible e profesionalizada nos concellos galegos.