Xove acollerá este ano as II Xornadas etnográficas da Mariña
Xove acollerá este ano as II Xornadas etnográficas da Mariña os días 16, 17 e 18 de xuño e organizadas pola Asociación Cultural Tecedeira, asociación adicada á investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral.
A xornada comezará o venres 16 ás 20.30 horas no Lugar das Marías co pregón e o espesctáculo de AC Saiñas polo seu 40 aniversario, que dará paso ao concerto de Cantometrics.
O sábado 17 ás 11.30 horas será o coloquio A conexión nas música de tradición oral entre Galicia e Asturias, no que participan Carla Miranda, musicóloga e integrante de Algaire; adrián Méndez, musicólogo e promotro da Foliada da Fonsagrada e integrante De Ninghures; e Miguel Monteavaro, poeta, investigador e integrante de Caldo e Os Rabizos. Este coloquio será no salón de actos do centro cívico de Xove.
Ás 12.30 horas será a apertura e visita guiada da exposición Traxandaina: o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo. máis tarde haberá pasacalles a cargo de Saiñas con Xigantes e Cabezudos.
Xa pola tarde, ás 16.30 horas, farase a presentación do libro-disco As que dormen entre o centeo, coas autoras Marina Vigo e Lucía Eiros, e ás 17.30 horas haberá un obradoiro na praza do Concello a cargo de Rebeca Tallón sobre bailes solto na Terra Chá.
Pola noite poderase desfrutar dun concerto de Fiandola e da foliada, ambos no salón de actos do centro cívico.
Na xornada do domingo 18 de xuño e partir das 12.30 horas poderase ver de novo a mostra Traxandaina: o traxe aldeán de garda nas terras de Lugo, e ás 18.30 horas haberá unha mostra etnográfica e actuacións no pavillón municipal.
Coma no ano anterior haberá obradoiros, encontros, exposicións, concertos, mostras folclóricas e foliada, malia que aínda non se coñece o cartel.