Xove acolle un curso de socorrismo acuático en espazos naturais
AMariñaXa
O Concello de Xove acolle un ano máis un curso de socorrismo acuático en espazos naturais con certificado de profesionalidade.
2 Jan 2023
O Concello de Xove acolle un ano máis un curso de socorrismo acuático en espazos naturais con certificado de profesionalidade. Este taller será impartido do 9 de xaneiro do 2023 ao 16 de maio en horario de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas.
Para participar é necesaria a previa inscrición no Concello ou poñerse en contacto con Rosa Lage chamando ao teléfono 982 592 001.
Haberá unha nova proba de selección o xove 5 de xaneiro ás 11.00 horas na oficina de desenvolvemento local.