Xove acolle as xornadas de AFIPRODEL para coñecer proxectos emprendedores

Os días 7 e 8 de febreiro, o Concello de Xove será o escenario das xornadas organizadas por AFIPRODEL, unha iniciativa que busca dar a coñecer diversos proxectos emprendedores da zona. O evento contará con visitas a empresas locais, demostracións musicais e actividades gastronómicas.
O venres 7 as xornadas comezaran coa recpeción e explicación do proxecto Lugas das Marías e Vacaloura e Xurela. Acto seguido haberá unha merenda ou cea de picoteo, e un recital aberto e voluntario.
O sábado, 8 de febreiro, a programación comezará ás 08.30 horas no Lugar das Marías, onde os asistentes poderán desfrutar dun almorzo tradicional cun custo de 10 euros por persoa. A continuación, ás 09.30 horas, terá lugar unha recepción oficial no Concello de Xove a cargo do alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa.
Un dos momentos destacados da mañá será a actuación da Escola Municipal de Música, prevista para as 09.45 horas, seguida dunha visita ao Parque Empresarial de Xove, onde os participantes poderán coñecer de preto o funcionamento do Obrador Conservas Currimar.
Xa ao mediodía, está programado un paseo por Morás con audioguía ficcionada ás 12.00 horas, seguido dunha comida no Restaurante A Ponza ás 14.30 horas, cun menú do día por 15 euros.
A xornada pecharase cunha visita a A Repulida, un proxecto emprendedor centrado na sustentabilidade, onde se explicarán as iniciativas de Glaruala Ecoshop e Lebre de Abril. Esta actividade desenvolverase entre as 17.00 e as 19.00 horas.
Estas xornadas ofrecen unha oportunidade única para coñecer de preto as iniciativas empresariais que están a dinamizar a economía local, ao tempo que permiten poñer en valor os recursos do municipio de Xove.