Xosé Luis Gutiérrez encabeza a lista do BNG na Pontenova para as eleccións municipais
O BNG vén de facir pública a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais no concello de A Pontenova. Está encabezada por Xosé Luis Gutiérrez Rivas, que xa foi concelleiro da corporación municipal no período 2003-2007.
Esta candidatura está formada por persoas comprometidas con A Pontenova, que tenen como obxectivo mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de A Ponte, mellorar os servizos, e dotar á vila e ás parroquias de servizos dos que carecen.
“Para eso é preciso gobernar pensando nas necesidades das persoas, que teñen que poder propoñer e opinar para mellorar a prestación deses servizos” afirma o candidato do BNG.
A candidatura complétana as seguintes persoas: Xosé Luís Gutiérrez Rivas, Xorxe Gómez Rico, Carmen Otero Ruíz, Uxío Souto Castro, Pablo Méndez Díaz, José Antonio García Freire, Xián Rodríguez Puente, José Antonio González Rego, María Dorinda Legaspi Veiga, Antonio Díaz Lombardía e María Ánxeles Rodríguez Llamazares.