Xosé Hermida encabeza a listaxe da candidatura do BNG á alcaldía de Xove
O Bloque Nacionalista Galego xovense vén de presentar a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais de maio.
O cabeza de lista declarou que, ante a ausencia dun proxecto político claro do PP local, "é a hora da ideoloxía, é tempo de saber onde estamos e decidir cara a onde queremos camiñar”.
Hermida, que se estrea como número un, quixo destacar que o proxecto do BNG para Xove está impulsado por persoas formadas e humildes. "Somos xente que realmente queremos mudar as cousas, pero sobre todo temos un equipo cohesionado, con iniciativa e capacidade de xestión”, manifestou o candidato á alcaldía.
O Bloque presentou unha candidatura ilusionante, coa presenza de xente experimentada na política municipal e con dúas valiosas incorporacións ao novo equipo titular: Miguel García no terceiro posto e Pilar Vázquez no undécimo. "A xente nova identifícase co noso xeito de facer as cousas", indicou Hermida, "e iso podémolo comprobar polas altas de afiliación que estamos a recibir nos últimos meses".
Actualmente a corporación municipal está conformada por once edís, sete pertencentes aos populares e catro aos nacionalistas, polo que se fai necesario alcanzar a maioría absoluta (seis actas) para poder gobernar.
O Concello de Xove, de pouco máis de tres mil habitantes, aprobou neste mes de abril un orzamento superior aos nove millóns de euros para o ano 2019.
Listaxe electoral do BNG de Xove
- Xosé Manuel López Hermida (Profesor. Licenciado Universitario en Filoloxía Portuguesa, Licenciado Universitario en Filoloxía Románica e Técnico Deportivo Nivel 2 de Esquí Alpino)
- Carlos Fernández Louzao (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Produción por Mecanizado)
- Miguel García Rodríguez (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica)
- Luísa Pernas Quelle (Oficial de Procurador dos Tribunais. Titulada en BUP e COU)
- Laura Vilasa Abad (Empregada no sector servizos. Diplomada Universitaria en Educación Infantil)
- Marco López López (Xestor da Admón. de Xustiza. Graduado Universitario en Criminoloxía)
- Cristina Lestegás Pérez (Profesora. Licenciada Universitaria en Filoloxía Inglesa)
- David Díaz Meitín (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Mantemento e Montaxe de Instalacións de Edificio)
- Belén González Martínez (Responsable de Calidade nunha empresa maiorista do sector pesqueiro. Licenciada Universitaria en Matemáticas)
- Rodrigo Baño Pena (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Automoción)
- Pilar Vázquez Sánchez (Estudante)
Suplentes:
- Augusto Albo Ocampo
- Xosé Luís Vale Blanco
- Patricia Eijo Gómez
- Xosé Antonio Alonso Salgueiro
- Natalia Fernández Álvarez
- Xosé Lois Iglesias Pérez
- Sara Rei Balseiro
- Samuel Ben Conde
- María Carme Mejuto Urrutia
- Xosé Durán Cao