Xornadas sobre 'O empresario e a súa protección patrimonial' en Foz coa colaboración do CCA Aberto

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
14 Maio 2019

Arredor de vinte empresarios asistiron a unha xornada organizada por BFL Xestión Integral de Servizos e Axa, e que se celebrou nas instalacións do hotel Oca Playa de Foz, no mediodía de onte. O evento, titulado O empresario e a súa protección patrimonial, contou coa colaboración do Centro Comercial Aberto, xa que a empresa organizadora é asociada.

O obxectivo foi concienciar e informar aos empresariados da necesidade de actualizar os seus seguros, dada a lexislación actual. Durante a xornada abordáronse cuestións coma os seguros de responsabilidade civil ou D&O, os novos riscos para os negocios, a lei de protección de datos, etc…

A cita rematou coa invitación dos asistentes a un aperitivo.

0.11322808265686