Xornada irmandiña para o inicio das guerreiras laranxas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A liga de Primeira Feminina 2020-21 arrincará o 17 de outubro con aroma irmandiño para as Guerreiras Laranxas; así o deu a coñecer esta tarde a RFEF coa publicación do calendario definitivo da competición.
66780500_2276376259289429_2753433293570441216_o
22 Sep 2020

A liga de Primeira Feminina 2020-21 arrincará o 17 de outubro con aroma irmandiño para as Guerreiras Laranxas; así o deu a coñecer esta tarde a RFEF coa publicación do calendario definitivo da competición. O Pescados Rubén Burela FS iniciará un novo periplo a domicilio, na pista do Ourense Envialia, que se prolongará ata o 19 de xuño, tamén lonxe da casa, en Alcorcón.

“É un calendario moi apertado; obríganos a estar preparadas desde o principio. Temos que ir aos poucos, a situación que estamos a vivir obríganos a ir día a día” reflexionaba o técnico, Julio Delgado.

Vista Alegre estreará a tempada encadeando as xornadas 2 e 3, ante Leganés, o 24 de outubro e outro derbi, ante Viaxes Amarelle, o 31. Este será o único duelo galego da primeira volta en casa; con Poio Pescamar serán na xornada 23, o 3 de abril, e con Cidade das Burgas o 8 de maio, na 27.

A primeira loita de titáns, con Futsi, tocará lonxe da Bomboneira; será o 5 de decembro, na xornada 8, nunha semana intensa de citas que recibirá con adianto o Nadal para regresar coa xornada 11 estreando 2021 o 16 de xaneiro en Vista Alegre, con Intersala Promesas. Para gozar do espectáculo por excelencia na Mariña haberá que esperar ata o 17 de abril.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1758029460907