Xorde en Foz unha nova asociación para ofrecer apoio, asesoramento e recursos a persoas maiores e coidadores
Recentemente en Foz, creouse a Asociación cuiden maiores e coidadores, unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxetivo principal é o benestar das persoas maiores e os seus familiares coidadores de toda a provincia de Lugo.
"Na nosa sociedade, o envellecemento da poboación é unha realidade cada vez máis evidente. É por iso que se fai necesaria unha atención especializada e enfocada no coidado dos nosos maiores. O labor de coidar tamén é crucial neste proceso, xa que as persoas coidadoras son quen garante unha atención personalizada e de calidade", di o presidente José Ramón Rodríguez Castiñeira.
A asociación xorde como resposta a esta necesidade, coa intención de ofrece apoio, asesoramento e recursos ás persoas maiores e aos seus familiares coidadores, co fin de mellorar a súa calidade de vida e benestar. A organización traballará para brindar programas, información e orientación aos familiares coidadores, así como ofrecer programas e actividades que promovan o benestar dos maiores.
Tamén se esforzará en fomentar a conciencia pública sobre a importancia do coidado e a atención das persoas maiores. Ser un coidador dun familiar maior pode ser unha tarefa desafiante e esixente. "Os coidadores a miúdo teñen que equilibrar as súas propias responsabilidades, como traballar ou coidar das súas propias familias, coas necesidades da persoa maior á que coidan", di Rodríguez.
O equipo da Asociación cuiden maiores e coidadores está formado por profesionais altamente capacitados e con experiencia no coidado de persoas maiores. E conta coa colaboración de expertos en diversas disciplinas, como a psicoloxía, terapia ocupacional, asistente social, …, para garantir que os servizos e recursos que se ofrecen sexan da máis alta calidade.
Desde a asociación "traballamos co firme compromiso de fomentar unha cultura do coidado, na que se valore e respete a figura da persoa coidadora e bríndese unha atención de calidade ás persoas maiores".