Xolo expón en San Cibrao máis de setenta cadros cheos de cor e expresividade

AMariñaXa
A Casa da Cultura acollerá dende o mércores 20 de agosto a mostra pictórica do artista Xosé López Losada, que permanecerá aberta ata o 30 de setembro
Cervo-Expo-Xose-Lopez-2025
19 Aug 2025

O artista Xosé López Losada, coñecido como Xolo, chega a San Cibrao cunha proposta creativa que convida a mergullarse na súa particular visión da pintura. A exposición reúne máis de setenta cadros nos que a cor, a expresividade e a forza da imaxinación convértense nos auténticos protagonistas.

A inauguración terá lugar o mércores 20 de agosto, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura de San Cibrao. A partir desa data, veciños e visitantes poderán achegarse a contemplar unha mostra que se prolongará ata o 30 de setembro.

Cada peza conta a súa propia historia, convertendo a visita nun percorrido artístico cheo de matices e emocións. Desde a organización anímase ao público a participar e descubrir unhas obras que transmiten a mesma intensidade coa que foron creadas polo pintor.

⚙ Configurar cookies
0.10594892501831