Xove acollerá a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'

AMariñaXa
A Deputación acolle este venres a estrea do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
Xove democracia nuclear Emilio López Milucho conversa con Pedro Lechuga (1)
29 Nov 2023

A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación.

Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.

A proxección terá lugar a partir das 20.00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible grazas ao ámbito de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que financiou a emisión deste documental en doce localidades da provincia lucense, e á asociación sociocultural Mariña Patrimonio.

Ao rematar o documental, haberá un coloquio no que participarán o director de 'Xove, Democracia Nuclear', o actual alcalde de Xove e mais Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, unha das persoas vinculadas ao nacionalismo galego que aparece no documental e que participou activamente nas mobilizacións.

'Xove, Democracia Nuclear' chega á localidade de Xove despois de terse proxectado en Burela, Viveiro, Cervo, Vilalba, Sarria e O Valadouro. Ademais, antes de rematar o ano tamén se proxectará en Barreiros, O Vicedo, Ribadeo e Lugo.

‘Xove, Democracia Nuclear’ forma parte do proxecto a nivel nacional ‘Democracia Nuclear’, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta. Neste sentido, hai uns meses xa se estreou nos cines ‘Coyanza-1975, Democracia Nuclear’, o documental que narra o acontecido na provincia de León en 1975 cando se soubo da intención do Réxime de construír unha central nuclear en Valencia de Don Juan.

Dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga, o documental, que conta coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo, recupera as historias vividas na Mariña cando en novembro de 1973 se fixo público o proxecto a través dos medios de comunicación, recollendo quince testemuños de veciñanza, persoas vinculadas ao nacionalismo, ao Sindicato Labrego Galego, xornalistas e catedráticos, ademais do alcalde de Xove na época, Jesús López González.

Pedro Lechuga destaca a súa satisfacción polo resultado final deste traballo de investigación “xa que conseguimos contar coa participación dun gran número de protagonistas, o que achega ao espectador unha visión global do que se viviu na Mariña nas décadas setenta e oitenta e que é importante que non caia no esquecemento, motivo polo cal estamos moi agradecidos á vicepresidencia da Deputación de Lugo, xa que grazas á súa colaboración poderemos proxectar ‘Xove, Democracia Nuclear’ neses municipios lucenses”.

0.19455289840698