Xisco Feijoó ofrece un concerto gratuíto en Mondoñedo

AMariñaXa
O profesional é cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión e mestre da ETRAD
xisco_feijoo
O cantante
4 Xuño 2024

Xisco Feijoó actúa o vindeiro día 8 de xuño na Horta da Galiana en Mondoñedo. A cita será de 19.30 a 23.30 horas.  Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.

Xisco Feijoó, despois de facer un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e colaborando en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros, atrévese lanzando o traballo discográfico chamado Peixe.

0.14843392372131