Xabier Díaz estará no claustro maior do mosteiro de San Salvador de Lourenzá

AMariñaXa
Xabier Díaz e as Aldufeiras de Salitre estará no claustro maior do mosteiro de San Salvador de Lourenzá o día 2 de outubro
_xabier diaz adufeiras de salitre
10 Ago 2021

O músico coruñés Xabier Díaz estará o día 2 de outubro no claustro maior do mosteiro de San Salvador, en Lourenzá. Así, conclúe unha triloxía personalísima en compañía de As Adufeiras de Salitre co seu álbum As Catedrais Silenciadas. Este traballo culmina un proceso que comezou no ano 2015 e do que o elemento diferencial son o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas.

Nestes catro anos apenas quedan aldeas de Galicia que non fosen citadas ou visitadas polo músico. As súas composicións, en moitos casos, parten do traballo de investigación, escoitando as cancións das mulleres no rural, e, doutra banda, dándolles o seu toque particular. A súa música, as influencias doutras latitudes e as súas novas letras achegan frescura a unha materia prima propia do noroeste.

Este último traballo actualiza diferentes tipos de formas musicais: hai pasodobres como Non salón das cereixas, xotas como Illas de sal, alalás como o tema que da título ao disco, ribeirás como Tentenublo, muiñeiras e agarrados como a de Vilar de cabeiras 2.0.

0.17791414260864