Xa se poden recoller as invitacións para a II Gala dos Medios en Galegos

TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) lembra a todos os interesados en asistir á súa II gala, que terá lugar este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, que é necesario recoller as invitacións.
1 Feb 2019

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) lembra a todos os interesados en asistir á súa II gala, que terá lugar este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra, que é necesario recoller as invitacións. Estas estarán dispoñibles, ata completar o aforo, na Alcaldía do Concello de Pontevedra e no Museo de Pontevedra en horario de mañán. Para os que non poidan nese horario e queiran retiralas pola tarde, tamén están a disposición dos usuarios na Libraría Paz, na Rúa Peregrina.

Hai que lembrar que a AMEGA escolleu Pontevedra para celebrar a II Gala dos Medios en Galego, co gallo da conmemoración da saída á luz do xornal O Tío Marcos da Portela e logo de que o Parlamento de Galicia institucionalizara o 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. O evento reivindicará o uso da lingua galega en tódolos eidos dos medios de comunicación, unha invitación para que cada vez sexan máis os que empreguen o galego. Pero non todo será reivindicación nesta gala, tamén haberá tempo para o humor. Este correrá a cargo de Touriñán. A música chegará da man de Uxía Pedreira. En definitiva, a gala contará con tódolos ingredientes necesarios para disfrutar dun evento que comezará ao mediodía.

0.18916583061218