Xa se poden pedir subvencións para a rehabilitacións no Casco Histórico de Viveiro

AMariñaXa
Publicado no BOP a nova convocatoria de subvencións para a renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro
casa do concello de viveiro
1 Xul 2021

O Concello de Viveiro publicou no BOP de Lugo a nova convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro - Fase XVII en cumprimento e ó amparo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, regulado polo Real decreto 106/2018, de 9 de marzo. 

En base a este documento, as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en vivendas unifamiliares ou en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns co fin de adecualas á normativa vixente e que estén ubicadas dentro do casco antiguo, poderán solicitar as subvencións durante un mes a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria conforme as bases publicadas no BOP o 17 de xaneiro de 2020. 

Deberase presentar a documentación acreditativa de identificación do solicitante e titularidade da edificación e a declaración responsable das persoas beneficiarias das subvencións, onde conste, así como, a documentación referente ás obras e do edificio. Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.

De todas as solicitudes presentadas por escrito, e que cumpran os requisitos establecidos nas bases aprobadas, procederase á valoración e posterior proposta de cualificación provisional daquelas actuacións con maior puntuación, ata esgotar o orzamento destinado para tal fin.

Para máis información poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, na segunda planta do Concello de Viveiro. Teléfono: 982 562968. Correo electrónico rehabilitacioncasco@viveiro.es 

0.17799806594849