Xa se poden pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán nos diferentes concellos

AMariñaXa
Todos os anos por estas datas, os diferentes concellos da comarca adoitan lembrar á veciñanza as normas das fogueiras de San Xoán e San Pedro
fogueira san xoan lume novo
15 Jun 2022

Todos os anos por estas datas, os diferentes concellos da comarca adoitan lembrar á veciñanza as normas de mantemento das condicións de seguranza para a queima das fogueiras, lumieiras ou cacharelas de San Xoán e San Pedro, que terán lugar a noite do 23 e 28 de xuño.

Os concellos prohíben quemar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquer derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes. Non se pode aproveitar o lume para queimar restos domésticos como colchóns, mobles ou roupa.

As fogueiras non se poden realizar preto de liñas eléctricas, inmobles, zonas públicas, terreos de naturreza forestal, depósitos de material inflamable. Ademais de establecer un mínimo de 50 metros a masas forestais e 15 a calqueira edificación.

Os responsables do lume deberán retirar os restos unha vez remate a queima e a fogueira deberá estar vixiada ata a súa total extinción.

ALFOZ

O Concello de Alfoz anunciou que xa se poden pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán. Poderán solicitarse na Casa do Concello, na Oficina de Rexistro situada na planta baixa. A data de finalización será o 22 de xuño, de 9.00 a 14.00 horas.

BARREIROS

O Concello publicou un bando para as fogueiras de San Xoán e San Pedro para os que xa se poden pedir os permisos. As fogueiras deberán comunicarse ao Concello, ata o día anterior ás 14.00horas. A comunicación só dá cobertura ás fogueiras tradicionais realizadas na tarde/noite dos días correspondentes (entre as 7 da tarde e a 1 da madrugada).

Para solicitar o permiso haberá que comunicalo chamando ao teléfono 982 124 002 ou no correo rexistro@concellodebarreiros.gal.

CERVO

O Concello de Cervo vén de comunicar que xa se poden solicitar os permisos para as cacharelas. Deberán presentar unha comunicación previa na Casa do Concello ou na Casa da Cultura ou ben nos teléfonos 982 557 777 e 982 595 157 antes do 22 de xuño ás 13.00 horas.

FOZ

O Concello de Foz anunciou varias normas para regular e controlar a celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro, o 23 e 28 de xuño respectivamente.

Os veciños interesados en celebrar en festexar o lume novo deberán solicitar o permiso no teléfono 982 133 159 de 9.30 a 13.00 horas antes do día 20 ás 13.00 horas ou na oficina de Medio Ambiente no Cenima.

LOURENZÁ

O Concello de Lourenzá ven de abrir o prazo de solicitude para o permiso das fogueiras de San Xoán. No bando están publicas as normas e restriccións de seguridade así como que tan so se pode solicitar o permiso ata o 20 de xuño e debe facerse nas oficinas municipais.

O VALADOURO

O Concello informa á veciñanza as normas de mantemento das condicións de seguranza para a queima das fogueiras ou cacharelas de San Xoán e San Pedro.

Cada fogueira terá un ou varios responsables que deben presentar a solicitude previamente no Concello antes do 22 de xuño.

XOVE

O alcalde de Xove informou aos veciños que haberá que pedir permiso para a realización da fogueira de San Xoán. Esta solicitude hai que facela no Concello, no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes. O prazo está aberto ata o 22 de xuño de 8.00 a 14.00 horas.

fogata hogueira san xoan 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17271399497986