Xa se poden pedir os permisos para as cacharelas de San Xoán do Valadouro
O Concello do Valadouro lembra á veciñanza as normas de mantemento das condicións de seguranza para a queima das fogueiras, lumieiras ou cacharelas de San Xoán, que terán lugar a noite do 23 do mes de xuño.
Nesta ocasión, queda prohibida a realización de fogueiras en espazos públicos e tan so poderán realizarse en espazos privados, debendo respectarse en todo caso as medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.
Cada fogueira terá un ou varios responsables que deben presentar a solicitude previamente na Casa da Cultura con cita previa solicitada no teléfono 982 571 516 ou por sede electrónica co formulario que se atopa o inicio desta publicación. O prazo máximo para comunicar as fogueiras de San Xoán remata o 22 de xuño ás 14 horas.
O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho, cunha altura máxima de 2 metros. Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, inmobles, depósitos que puidesen conter material inflamable, masas arbóreas ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo.
Tampouco se queimaran aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido e/ou materiais. Ademais prohíbese queimar rodas ou cubertas de goma, plásticos ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos.
Non poderán realizar as fogueiras se as condición meteorolóxicas dificultan o seu control, especialmente no suposto de forte vento. Así mesmo, se unha vez iniciada a fogueira comeza a facer vento forte deberá procederse de inmediato a apagar o lume.
Os responsables da fogueira terán o seu dispor un teléfono móbil en funcionamento, e ante calquera incidencia ou emerxencia poñeranse en contacto de inmediato co CAE-112.
Pódese descargar o impreso de comunicación.