Xa se poden mercar os tiquets para o xantar da X Ruta Cabalar de Ribadeo

AMariñaXa
Os xinetes de Remourelle, de Ribadeo, organizan para o 7 de maio a X Ruta Cabalar, que foi cancelada pola pandemia.
ruta cabalar Xinetes remourelle 2022 1
18 Abr 2022

Os xinetes de Remourelle, de Ribadeo, organizan para o 7 de maio a X Ruta Cabalar, que foi cancelada pola prohibición de celebración nos momentos da pandemia.

A xornada dará comezo pola mañá, ás 10.30 horas, coa recepción dos participantes para máis tarde das saída a ruta e ao xantar. Na metade da ruta farase unha parada para tomar uns pinchos e repoñer forzas.

O xantar terá un prezo de 25 euros e para participar é necesario mercar os tickets aos compoñentes da directiva antes do 4 de maio chamando aos teléfonos 659 629 417, 636 864 132 pu 676 770 918.

A organización do evento lembra a os interesados que fagan a súa reserva chamando ao 659 629 417, 636 864 132 e 676 770 918.

0.13677597045898