Primeiras confirmacións para o Osa do Mar de setembro
AMariñaXa
O Osa do Mar de Burela chega este ano á súa sétima edición que terá lugar o 16 de maio e o 24 e 25 de setembro.
6 Ago 2021
O Osa do Mar de Burela anunciou que xa se poden mercas as entradas para o festival que se celebrará o 24 e 25 de setembro. Nesta edición virán a Burela, Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno, Vertote, e máis bandas aínda por confirmar.
"Despois dun longo debate", din desde a Asociación Cultural Fanto Fantini "cremos que temos que intentar facer unha edición adaptada á situación. Sabemos que seguramente non será o ano máis espectacular pero polo menos será unha nova edición que aportará o seu grao de área para ir pouco a pouco recuperando moitos dos bos costumes".
Desde hoxe e ata o domingo 8 haberá unha oferta de lanzamento de 100 bonos dos dous días a 15 euros https://entradium.com/events/festival-osa-do-mar-2021