Xa se pode solicitar o cobro do plan de emprego municipal de Xove

AMariñaXa
O Concello de Xove abriu o prazo para solicitar o cobro do plan de emprego municipal, poderase facelo ata o 15 de marzo e será o correspondiente a 2021 e de 2020 se é o caso.
concello de xove
23 Jan 2022

O Concello de Xove abriu o prazo para solicitar o cobro do plan de emprego municipal, poderase facelo ata o 15 de marzo e será o correspondiente a 2021 e de 2020 se é o caso.

Para a solicitude haberá que seguir diferentes pasos dependendo se é contratación ou autoemprego. En ambos casos haberá que descargar os anexos correspondentes na web , ler, cubrir e asinar.

Así mesmo, teranse que presentar as instancias cubertas, e a documentación necesaria como as tranferencias bancarias das nóminas, o modelo da Seguridade Social dos meses nos que se solicita o cobro, un certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta e tamén unha certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma.

Despois pódese facer unha presentación telemática dende a mesma web ou presencial no Concello de Xove.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15500903129578