Xa se coñecen os gañadores do certame Manuel Leiras Pulpeiro

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo informou da gañadora da décima edición do certame Manuel Leiras Pulpeiro. Foi Muiñeira da Pinguela.
manuel leiras pulpeiro mondonedo
28 Nov 2021

O Concello de Mondoñedo informou da gañadora da décima edición do certame Manuel Leiras Pulpeiro, unha edición marcada polo gran número de obras participantes, arredor dunhas cen.

A obra gañadora é Muiñeira da Pinguela e é propiedade da autora Lupe Gómez Arto e levará un premio de 1.500 euros e un diploma. O segundo premio foi para O mapa do pintor do autor Xurxo Alonso García, e será agasallado con 600 euros, e o terceiro foi para Os amantes de Miriam Ferradáns Ferradás.

A entrega dos premios terá lugar o xoves 23 de decembro ás 12.30 horas coa recepción oficial no Cemiterio Vello e a Ofrenda Floral ante a tumba do poeta, para despois ás 13.00 horas ser a entrega oficial dos premios no salón de Plenos do Concello.

ganadores leiras pulpeiro mondonedo 2021
0.20396685600281