Xa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023

AMariñaXa
Xa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023, que se desenvolveu do 13 ao 21 de maio en trinta locais hostaleiros da vila. 
Eijo ganador ribadeo de tapeo 2023
23 May 2023

Xa se coñecen os gañadores do Ribadeo de Tapeo de 2023, que se desenvolveu do 13 ao 21 de maio en trinta locais hostaleiros da vila.

O xurado profesional, composto por César Couceiro, Elisabet Castro e Iago Álvarez, resolveu que os gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo foron o Bar Queimada coa tapa Eijo no primeiro posto, Ramonita coa tapa Ravioli de cocido gallego de segundo posto e no terceiro El Oviedo coa tapa Xiba, lentella, caviar e manteiga café.

A Tapa Ribadeo foi para o Molete mariño do restaurante Marinero e recibiu unha mención especial por ser pensada para todo o público, por empregar na súa elaboración produto de proximidade e pola súa creatividade a Oda á terra  do Kalpa Amodiño.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, agradece “a participación de todos os establecementos hostaleiros que quixeron estar presentes coas súas creacións nesta décimo sexta edición do Ribadeo de Tapeo, que un ano máis foi un éxito. Os locais despacharon milleiros de tapas ao longo das nove xornadas nas que se desenvolveu o concurso, polo que a valoración que facemos do Ribadeo de Tapeo 2023 é moi positiva”.

Queda pendente de coñecerse a tapa elixida polo público. O seu nome así como o das persoas premiadas sairá das urnas instaladas nos locais participantes e nas que o público deixou as súas preferencias e os seus datos persoais. O Concello de Ribadeo fará públicos ao longo dos vindeiros días os seus nomes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17877411842346