Xa se coñecen as fotografías gañadoras do concurso XI Cervo Respecta

AMariñaXa
Xa se coñecen, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, as fotografías gañadoras do XI concurso de medio ambiente Cervo Respecta 2021.
Reflexos do faro. Emilio Perez 2 premio
5 Xuño 2021

A edil de Medio Ambiente de Cervo, Mali Méndez, deu a coñecer esta mañá, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, as fotografías gañadoras do XI concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2021.

O xurado profesional decidiu, con 51 puntos, que a fotografía Blessed de Juan Barreiro, e natural Dos Blancos (Ourense) acadase o primeiro premio.

En segunda posición quedou a instantánea Reflexos do Faro, obra do xovense Emilio Pérez, que sumou 50 puntos, e que tamén se fixo co premio Top Cervo, á mellor instantánea tomada nalgún punto do noso municipio.

O premio componse de figuras de cerámica de Sargadelos.

En total participaron no certame 41 fotos, realizadas por 22 participantes, procedentes de ata 14 concellos diferentes de Galicia, e ademais tamén houbo representación madrileña e asturiana.

Os participantes podían presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, tiñan que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio.

Méndez agradeceulle a todos os participantes "que quixesen compartir con todos nós a súa particular visión do medio a través da súa óptica".

A edil explicou que decidimos seguir adiante co concurso a pesar da pandemia aínda que tivemos que mudar un pouco as condicións para poder facelo compatible coa situación sanitaria que vivimos desde fai máis dun ano.

De feito, a X edición deste certame tan arraigado no noso Concello, xa foi excepcional, convocámola un pouco máis tarde do habitual e o xurado agora delibera de xeito telemático.

O obxectivo que perseguimos é poñer en valor o noso patrimonio natural e promover a concienciación medioambiental, "e penso que se están dando pasos importantes nesta liña", apuntou.

A entrega de premios, cuxa data aínda está por determinar, queda suxeita ás medidas sanitarias establecidas.

Blessed. Juan Barreiro 1premio
0.097743988037109