Xa poden solicitarse permisos para realizar queimas de restos

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido á variabilidade das previsións meteorolóxicas e ao calor.
queima, lume
21 Feb 2022

A Consellería do Medio Rural permite desde hoxe tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Así, os interesados poderán realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.

Máis información, aquí:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/defensa-monte/permisos-queimas

0.11606097221375